Inicio Galicia Fabiola García destaca o papel do servizo Quérote+ que no pasado ano...

Fabiola García destaca o papel do servizo Quérote+ que no pasado ano chegou a 16.000 mozas e mozos galegos

0

Salienta que máis de 200 centros educativos recibiron formación desta iniciativa


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta tarde, durante unha comparecencia parlamentaria, o papel do servizo Quérote+, que no pasado ano, a través das súas actividades, chegou a máis de 16.000 mozas e mozos galegos.

Fabiola García subliñou a responsabilidade colectiva de completar a formación dos máis novos a través doutras canles. Nesta liña, puxo en valor este recurso que axuda a aclarar as inquedanzas que ten a mocidade galega. Inquedanzas en eidos como a imaxe corporal e a autoestima, os consumos e adiccións, a convivencia entre iguais, a seguridade en Internet ou a afectividade e a sexualidade.

A conselleira detallou que o Quérote+ atende cada ano ao redor de 6000 consultas directas, imparte formación en máis de 200 centros educativos, tanto mediante o Plan Proxecta como con obradoiros, e leva as súas charlas a 24 concellos e 28 entidades sociais. “Estas son as cifras que mellor retratan un programa necesario e útil para mellora a educación afectivo-sexual da xuventude galega”, apuntou. Neste sentido, trasladou á Cámara o firme compromiso da Xunta de Galicia por garantir o funcionamento desta rede de asesoramento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre