Inicio Galicia Fabiola García destaca o incremento das prazas públicas de atención á dependencia...

Fabiola García destaca o incremento das prazas públicas de atención á dependencia na zona do Barbanza

0

O Goberno galego atende a 200 persoas en cinco centros de día da zona: Boiro, Dodro, Muros, Outes e A Pobra


A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o centro de día da Pobra do Caramiñal onde destacou o incremento do número de prazas públicas postas en marcha pola Xunta de Galicia nesta contorna desde o ano 2009. Actualmente, sinalou, existen arredor de 200 persoas atendidas nos centros de día de Boiro, Dodro, Muros, Outes e A Pobra, cando en 2009 soamente existían dous. Ademais, concretou que se concederon 69 axudas a veciñas e veciños dos concellos da contorna para prazas en residencias e centros de día.

Fabiola García resaltou que estes centros forman parte da ampla rede pública deseñada polo Goberno galego nos últimos anos, que pon á disposición das galegas e galegos 3.300 prazas públicas en centros de día, o triplo que hai unha década. Así mesmo, lembrou que no último ano a Xunta abriu novos recursos deste tipo en Vilardevós, Arteixo, Ourense, Cuntis e Baleira. Proximamente poderanse incorporar tamén os primeiros usuarios ao centro de día de Miño.

Paralelamente, a conselleira reparou nos servizos que o Goberno galego presta a aqueles maiores que deciden permanecer nos seus fogares. Para eles púxose en marcha programas como as casas do maior, pequenos centros de día para concellos de menos de 5.000 habitantes; os coidados porta a porta, que levan servizos de podoloxía, optometría e estimulación da memoria a 20 concellos galegos; ou o programa Xantar na Casa, que achega comida saudable e de calidade a 177 concellos de toda Galicia.

A conselleira sinalou que a Administración autonómica ten como obxectivo prestar os servizos de maior calidade, para o maior número de persoas e á medida dos nosos maiores. Para iso, puntualiza que no próximo ano os orzamentos da Consellería de Política Social ampliarán un 5,2% as partidas para atención á dependencia ata chegar aos 450 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre