Inicio Galicia Fabiola García destaca a vontade de consenso e permanencia da nova Lei...

Fabiola García destaca a vontade de consenso e permanencia da nova Lei de impulso demográfico

0

Lembrou que a futura Lei recolle as liñas estratéxicas aprobadas por unanimidade polo Observatorio


A conselleira de Política Social, Fabiola García, avogou hoxe por unha Lei de impulso demográfico “que sexa para todas as galegas e galegos e feita por todos”. Díxoo durante a sesión plenaria do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica na que presentou o anteproxecto de lei sobre esta materia aprobado a semana pasada en Consello da Xunta e que nestes momentos se encontra en período de exposicións pública.

Fabiola García destacou que se trata dun marco normativo pioneiro en España que é froito do traballo desenvolvido no Observatorio, pois recolle as liñas estratéxicas que este órgano consultivo aprobou por unanimidade. Neste sentido, reiterou o compromiso do Executivo autonómico de elaborar unha lei con vocación de consenso e de permanencia no tempo.

A conselleira indicou que ata o debate e aprobación definitiva da Lei no Parlamento se continuará a mellorar e enriquecer o seu contido coas achegas que se poidan propoñer deste outras administracións, grupos políticos, organizacións, entidades ou cidadáns a título individual. “Queremos que este sexa un marco normativo estable ao abeiro do que se seguirán desenvolvendo medidas que favorezan a todas as familias galegas”, concluíu.

O Observatorio Galego de Dinamización Demográfico está composto por representantes de todas as áreas da Xunta. Tamén están representados neste organismo os grupos parlamentarios, o Instituto Galego de Estatística, a Delegación do Goberno en Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), cada unha das tres Universidades, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as centrais sindicais, a Confederación de Empresarios de Galicia e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre