Inicio Galicia Fabiola García destaca a responsabilidade social de Fornos Lamastelle, onde traballan máis...

Fabiola García destaca a responsabilidade social de Fornos Lamastelle, onde traballan máis de 90 persoas con discapacidade

0

O 95% do seu cadro de persoal está composto por persoas con discapacidade física, intelectual ou sensorial

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a responsabilidade social de Fornos Lamastelle, onde traballan máis de 90 persoas con discapacidade. Fíxoo durante unha visita ás súas instalacións en Oleiros na que mantivo un encontro cos traballadores e responsables da fábrica.

Fabiola García sinalou que o 95% do seu cadro de persoal está formado por persoas con discapacidade física, intelectual ou sensorial, que demostran cada día que non existen barreiras nin impedimentos para poder desempeñar un papel activo na sociedade. Neste sentido, resaltou que Fornos Lamastelle representa un modelo de sociedade no que a plena inclusión é unha realidade.

A conselleira agradeceu a Cogami o seu traballo a favor das persoas con discapacidade e resaltou a importancia de que as administracións colaboren coas entidades sociais, xa que son elas as que mellor coñecen as necesidades destes colectivos e traballan cada día pola súa xusta representación na sociedade.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre