Inicio Galicia Fabiola García destaca a importancia do diálogo e a cooperación para avanzar...

Fabiola García destaca a importancia do diálogo e a cooperación para avanzar na construción da nova residencia de maiores da Coruña

0

Con capacidade para 150 prazas, emprazarase nunha parcela na zona de Eirís

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta mañá que a sinatura do convenio co Concello da Coruña para a cesión dos terreos supón un paso decisivo cara á construción da nova residencia pública de maiores na cidade. Este novo equipamento, que se emprazará nunha parcela de 8000 metros cadrados situada na zona de Eirís, terá capacidade para 150 persoas.

Fabiola García resaltou a importancia da colaboración entre administracións para dotar á Coruña deste novo recurso no que a Xunta investirá máis de 10 millóns de euros e que xa conta cunha partida específica no orzamento de 2019 para as primeiras fases de construción. “Desde o diálogo, a cooperación e a lealdade é como se poden conseguir máis avances concretos para os cidadáns”, apuntou.

A futura residencia non só ampliará a oferta de prazas para as familias da Coruña e as municipios da súa contorna, senón que tamén incorporará as prestacións máis avanzadas en materia de atención á dependencia. Neste sentido, unha das principais novidades é que contará cunha unidade psicoxeriátrica para o tratamento das persoas maiores con doenzas mentais. É unha figura novidosa que e está recollida na Lei de acompañamento dos Orzamentos.

Leer más:  El Gobierno asegura que el tren de bajo coste de Renfe llegará a Galicia este año

A conselleira enmarcou esta nova residencia “no esforzo continuado do Goberno galego en beneficio dos maiores”, que se plasma en que desde 2009 o número de persoas dependentes que reciben atención multiplicouse por catro, ata chegar hoxe a máis de 58.500 e a unha ratio de cobertura do 87%, nove puntos por riba da media nacional. No caso concreto da Coruña subliñou que máis dun milleiro de veciños e veciñas se benefician a día de hoxe dunha praza de maiores sostida con fondos públicos.

Nesta liña, garantiu que a Xunta traballará para seguir a mellorar a atención aos galegos e galegas de máis idade coa posta en marcha de servizos innovadores como as casas do maior e equipamentos sociais de alta calidade como a nova residencia pública da Coruña, unha das sete que a Xunta ten proxectadas nas cidades de Galicia.


- Te recomendamos -