Inicio Galicia Fabiola García destaca a colaboración co Concello de Porqueira para achegar os...

Fabiola García destaca a colaboración co Concello de Porqueira para achegar os mellores coidados aos pequenos e maiores do municipio

0

Froito deste traballo conxunto púxose en marcha a residencia de maiores, cuxo equipamento foi financiado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe a colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Porqueira para achegar ás veciñas e veciños da localidade os mellores recursos, en especial ás nenas, nenos e maiores. Fíxoo durante a visita á Casa Niño desta localidade en compañía da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Fabiola García enmarcou nesta coordinación entre administracións a posta en marcha da residencia municipal de maiores da localidade. Cómpre indicar que o pasado ano o Concello e Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asinaron un convenio para dotar de equipamento novo a instalación.

A conselleira de Política Social subliñou a vontade do Goberno autonómico por achegar as políticas sociais a todos os concellos, grandes e pequenos. Neste fin enmárcase o éxito das Casas Niño, pequenas escolas infantís nos concellos de menos de 5000 habitantes con capacidade para un máximo de cinco pequenos, como a de Porqueira, chamada Roan, que ten toda a súa oferta ocupada.

Por último, explicou que este recurso de conciliación, que está a ter unha grande acollida, garante a harmonización da vida familiar e laboral das familia, o asentamento de poboación no rural e a creación do emprego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre