Inicio Galicia Fabiola García destaca a calidade da atención que reciben as nenas e...

Fabiola García destaca a calidade da atención que reciben as nenas e nenos da escola infantil de Elviña

0


A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou hoxe a escola infantil pública de titularidade autonómica de Elviña. Alí destacou a calidade da atención que reciben os 107 nenas e nenos de 0 a 3 anos que están matriculados nela.

Fabiola García sinalou que este centro conta cunhas instalacións perfectamente acondicionadas e supón un importante recurso para facilitar ás nais e pais compaxinar as súas vidas laboral e familiar. Tamén salientou os coidados profesionais que presta o persoal da escola. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre