Inicio Galicia Fabiola García destaca a calidade asistencial da residencia de maiores A Milagrosa...

Fabiola García destaca a calidade asistencial da residencia de maiores A Milagrosa en Lugo

0


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a calidade asistencial da residencia de maiores A Milagrosa. Fíxoo durante unha visita ás instalacións na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e na que sinalou que tanto o mobiliario do centro, como os seus profesionais ofrecen un coidado adaptado ás súas necesidades as 24 horas do día.

Fabiola García sinalou que hoxe en día a conciliación familiar non afecta unicamente ao coidado dos máis pequenos da familia, senón tamén á atención ás persoas maiores. Por iso, resaltou a importancia de ofrecer servizos de alta calidade para que poidan pasar esta etapa das súas vidas nas mellores condicións sen repercutir na vida laboral das súas familias.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre