Inicio Galicia Fabiola García defende a calidade da atención e a profesionalidade nas residencias...

Fabiola García defende a calidade da atención e a profesionalidade nas residencias e centros de día da Xunta

0

Asegurou que as galegas e galegos teñen hoxe máis opcións para facerse maiores onde desexen e cos coidados que necesitan

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu esta tarde a calidade dos coidados que reciben as persoas maiores nos centros de atención á dependencia da Administración autonómica, así como a profesionalidade das súas traballadoras e traballadores. Díxoo en resposta a unha pregunta oral no Pleno do Parlamento de Galicia, na que tamén asegurou que as galegas e galegos teñen hoxe moitas máis opcións para facerse maiores como libremente desexen e contando sempre coa atención que necesitan.

Fabiola García indicou que o compromiso da Xunta é garantir que as persoas usuarias das súas residencias e centros se sintan como nas súas propias casas, para o que cada un deles dispón do persoal que fixa a normativa en función do número de residentes e as súas necesidades asistenciais. De feito, a través das inspeccións anuais que realizan os servizos técnicos garántese o benestar dos maiores e tamén unha carga de traballo razoable para os profesionais que coidan deles, grazas ao cumprimento das ratios que fixa a normativa.

No eido da atención residencial, a conselleira de Política Social tamén destacou a próxima construción de sete novos centros de atención integral ás persoas maiores nas principais cidades da comunidade, que incrementarán a oferta con 900 prazas públicas. A redacción do proxecto, a construción e o equipamento destes centros non custará nin un só euro aos galegos, posto que correrá integramente a cargo da Fundación Amancio Ortega, que despois porá as residencias a disposición da Administración autonómica.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre