Inicio Galicia Fabiola García avoga porque as administracións sumen esforzos para ofrecer os mellores...

Fabiola García avoga porque as administracións sumen esforzos para ofrecer os mellores servizos á cidadanía

0

Defende a cooperación institucional para poñer a disposición das galegas e galegos recursos de proximidade e de calidade


A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia, sinalou esta mañá, durante unha visita a varios centros de atención á infancia e aos maiores de Boimorto, que as administracións multiplican a súa utilidade cando suman esforzos para poñer a disposición das galegas e galegos os mellores servizos. En concreto, coñeceu de primeira man o funcionamento do centro de día e residencia, do punto de atención á infancia e do centro social deste concello coruñés, todos eles recursos de titularidade municipal que contaron ou contan apoio económico da Xunta de Galicia, a través de distintos programas.

Fabiola García garantiu que o Goberno galego estará sempre ao carón dos concellos para achegar servizos de proximidade e de calidade, para o que defendeu a necesidade de continuar coa coordinación e cooperación entre administracións co fin ofertar as mellores políticas sociais.

Nesta liña, defendeu o traballo conxunto, tamén coas entidades sociais, para que a rede de benestar da sociedade galega sexa cada vez máis eficaz e robusta, tanto no ámbito das prestacións que faciliten a conciliación como con máis centros que ofrezan actividades que dinamicen a vida local, e con novos recursos para o coidado dos nosos maiores

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre