Inicio Galicia Fabiola García avoga por intensificar a colaboración coas entidades sociais no ámbito...

Fabiola García avoga por intensificar a colaboración coas entidades sociais no ámbito da atención á discapacidade

0

Desde 2009 multiplicouse por catro a colaboración económica con Cogami, ata chegar na actualidade aos 4,2 millóns de euros


A conselleira de Política Social, Fabiola García, garantiu hoxe ao presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga, que a Xunta seguirá este ano traballando de maneira conxunta e coordinada coas entidades sociais na mellora da calidade de vida e na plena integración deste colectivo. Fabiola García e o responsable de Cogami entrevistáronse esta mañá en San Caetano co obxectivo de repasar as liñas de colaboración que teñen abertas e estudar novas propostas de cara a 2019.

A conselleira enxalzou a actividade que desenvolve a pé de campo Cogami, entidade coa que a Xunta mantén diferentes programas de actuación nas áreas de inclusión, formación para o emprego, financiamento de proxectos e prazas de atención á discapacidade. Ao respecto, reiterou o compromiso do Goberno galego para avanzar cara a unha sociedade na que ter distintas capacidades non signifique ter menos oportunidades.

A Xunta multiplicou por catro a colaboración económica con Cogami nos últimos dez anos, ata acadar na actualidade os 4,2 millóns de euros. Un incremento que permitiu poñer en marcha novas intervencións ás que se sumará a entrada en funcionamento nas vindeiras semanas da área de rehabilitación do Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas con discapacidade (Cegadi).

Neste sentido, cómpre lembrar que o convenio asinado o pasado mes de decembro con Cogami suporá dotar ao Cegadi de novos servizos, como unidades terapéuticas, de fisioterapia e rehabilitación, de terapia ocupacional, de psicomotricidade, de logopedia e de estimulación sensorial. Este abano de novas prestacións forma parte dun proxecto innovador co que a Xunta e a devandita entidade apostan por un plan integral de actuación desde idades temperás. A vixencia do acordo é por catro anos, ata 2022 e o orzamento ascende a 2,6 millóns de euros. Desta cantidade, a Consellería de Política Social achegará 1,7 millóns de euros e o resto correrá a cargo de Cogami.

Fabiola García recordou que a Consellería destinará este ano 106 millóns de euros a atención á discapacidade. Esta cifra supón un 64% máis do que a Administración autonómica dedicada a esta finalidade en 2009.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre