Inicio Galicia Fabiola García avoga por garantir a accesibilidade universal das persoas xordas

Fabiola García avoga por garantir a accesibilidade universal das persoas xordas

0

Destacou o incremento da colaboración con FAXPG, que permitiu poñer en marcha novos servizos de logopedia e atención psicolóxica, así como máis programas formativos e de inserción sociolaboral

A conselleira de Política Social, Fabiola García, avogou hoxe por seguir a avanzar en medidas que garantan a accesibilidade universal das persoas xordas. Díxoo na conmemoración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, que a Xunta celebrou coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), nun acto que se desenvolveu nas dependencias da Delegación Territorial de Pontevedra.

Fabiola García subliñou a importancia da xornada de hoxe para dar maior visibilidade ás necesidades comunicativas das persoas xordas. Así mesmo, defendeu o compromiso das administracións, entidades, empresas e da sociedade en xeral para que as persoas con discapacidade, calquera que esta sexa, non teñan problemas en materia de accesibilidade.

Tamén felicitou a FAXPG polos seus 40 anos de traballo en favor do benestar das persoas xordas da nosa comunidade, o que considerou un labor fundamental para ter unha Galicia máis xusta, igualitaria e mellor.

A conselleira destacou que nos últimos anos a Xunta incrementou a colaboración con FAXPG, o que ten permitido crear un novo servizo de atención psicolóxica e de logopedia, poñer en marcha máis proxectos de inserción sociolaboral ou desenvolver programas avanzados orientados á adquisición de habilidades para a vida autónoma. En total, a achega autonómica a esta federación ascende a 860.000 euros, co fin de acadar o obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas xordas en Galicia.

Máis recursos para a atención á discapacidadeFabiola García avogou por continuar co traballo conxunto coas entidades para que as persoas con discapacidade acaden maiores niveis de autonomía e benestar e salientou que os orzamentos da Xunta invisten este ano 106 millóns de euros neste ámbito, un 60% máis que o que se destinaba á discapacidade hai dez anos. “O obxectivo é ofertar máis e mellores servizos para construír, entre todos, unha Galicia máis xusta, igualitaria e accesible”, manifestou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre