Inicio Galicia Fabiola García avoga polo traballo conxunto e coordinado coas entidades para conseguir...

Fabiola García avoga polo traballo conxunto e coordinado coas entidades para conseguir unha Galicia máis solidaria

0

A mostra dá máis visibilidade ao traballo diario que realiza Cruz Vermella ao carón das persoas que máis precisan de axuda


A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu esta mañá o traballo conxunto e coordinado entre administracións e entidades para avanzar cara a unha Galicia verdadeiramente solidaria. Fíxoo na inauguración dunha mostra sobre as actividades de Cruz Vermella que durante o vindeiro mes se poderá contemplar no espazo da pirámide do edificio administrativo de San Caetano, dentro do ciclo de exposicións Olladas Inclusivas.

Fabiola García fixo fincapé na importancia desta exposición para dar máis visibilidade ao traballo que realiza día a día Cruz Vermella e valorou o feito de que aborde directamente a pé de campo os problemas das persoas. Enxalzou a esta entidade por seren exemplo de loita polos dereitos de todas e todos, de constancia para construír unha sociedade mellor e de solidariedade.

Ademais, garantiu o apoio da Xunta a programas como o de familias acolledoras ou o de avoas e avós educadores, ao tempo que destacou que da colaboración saen adiante medidas concretas como o estudo sobre a situación das persoas sen fogar que servirá de base para o plan de atención a este colectivo no que está a traballar a Consellería de Política Social.

A exposición da Cruz Vermella é a terceira do ciclo Olladas Inclusivas, que se abriu coa mostra da Rede Galega contra a Pobreza e continuou con outra da Fundación Secretariado Xitano. Por este ciclo de exposicións rotatorias pasarán outras cinco entidades sociais que amosarán as súas accións e programas no eido da inclusión social.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre