Inicio Galicia Fabiola García atende ás inquedanzas de nenos de toda Galicia a través...

Fabiola García atende ás inquedanzas de nenos de toda Galicia a través dunha videoconferencia no Día mundial do neno e da infancia

0
image_gallery.jpg

No acto participaron rapazas e rapaces de centros educativos de Boiro, Pontevedra, Ares ou Porto do Son


A conselleira de Política Social, Fabiola García, atendeu ás inquedanzas de varias nenas e nenos durante unha videoconferencia en conmemoración do Día Mundial do Neno e da Infancia que se celebra hoxe. Alí agradeceu o esforzo e a responsabilidade que veñen demostrando durante os últimos meses de pandemia.

A videoconferencia foi organizada polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e a Plataforma de organizacións de Infancia de Galicia e nela participaron rapazas e rapaces de centros educativos de Boiro, Pontevedra, Ares ou Porto do Son. Foron os propios rapaces os que lle trasladaron á conselleira aqueles asuntos que afectan ao seu día a día tanto fóra como dentro dos centros educativos como o bullying, as desigualdades ou a inclusión.

A conselleira destacou a importancia de que as xeracións máis novas participen e sexan escoitadas como parte da sociedade. Así mesmo, trasladoulles que o Goberno galego seguirá velando pola defensa dos seus dereitos e procurará achegarlle todas as facilidades para que sexan quen de cumprir os seus propósitos e soños.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre