Inicio Galicia Fabiola García asegura que a Xunta seguirá avanzando na mellora dos servizos...

Fabiola García asegura que a Xunta seguirá avanzando na mellora dos servizos e atencións para as persoas maiores

0

A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou hoxe, durante un xantar no XXIII Encontro cos Nosos Maiores que organiza o Concello de Valga e que tivo lugar no pavillón de Beiro, que a Xunta continuará esforzándose día a día por avanzar na mellora dos servizos e atencións para as persoas de maior idade da nosa comunidade.

Na xuntanza de confraternidade de Valga, Fabiola García -á que acompañou o director xeral de Inclusión do seu departamento, Arturo Parrado- sinalou que non se pode construír unha Galicia mellor sen contar coa sabedoría e experiencia dos nosos maiores. “A Administración autonómica ten con eles -dixo a conselleira- un compromiso firme por tratar de achegarlles ao máximo posible os recursos e as prestacións que necesitan, sempre co obxectivo de que as persoas non perdan o contacto coa súa contorna, amigos e familiares”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre