Inicio Galicia Fabiola García aposta por achegar servizos de conciliación ao rural para acadar...

Fabiola García aposta por achegar servizos de conciliación ao rural para acadar o equilibrio territorial

0

Deu conta das medidas levadas a cabo polo Goberno galego na conferencia ‘El caso de Galicia: Impulso demográfico en la comunidad de los 30.000 pueblos’


A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta tarde en Sevilla na xornada El desafío demográfico en Andalucía: Escenarios presentes y futuros. Alí explicou as medidas levadas a cabo polo Goberno galego nesta materia e apostou por achegar servizos de conciliación ao rural para acadar o equilibrio territorial.

Fabiola García relatou durante a súa intervención, titulada El caso de Galicia: Impulso demográfico en la comunidad de los 30.000 pueblos, os programas impulsados desde o Executivo autonómico como as 60 casas niño xa en funcionamento, pequenas escolas infantís gratuítas dun máximo de cinco nenas e nenos de 0 a 3 anos en municipios de menos de 5000 habitantes. Iniciativas que, concretou, permiten ofrecer todas as facilidades para que as persoas que decidan conformar unha familia no rural teñan os mesmos servizos que nas cidades.

Así mesmo, sinalou que estes proxectos tamén se estenden aos coidados dos maiores para o que a Xunta creou proxectos como a rede de casas do maior, formada actualmente por unha trintena, e que funcionan como centros de día totalmente gratuítos que ofrecen servizos preto dos seus fogares. Tamén puxo como exemplo o autobús de Coidados porta a porta, que este ano levou a 20 municipios rurais de toda Galicia servizos de podoloxía, optometría e estimulación da memoria ou o programa Xantar na casa, que reparte a domicilio en 177 concellos menús saudables e equilibrados para cada día da semana.

Neste sentido, a conselleira de Política Social explicou que a boa aceptación destas medidas leva á Administración autonómica a amplialas. Así, o Goberno galego traballa para que antes do remate desta lexislatura o 100% dos concellos conten cun recurso de conciliación; duplicar o número de casas do maior ata chegar ás 60 e multiplicar por 10 o alcance do autobús de coidados porta a porta para que se estenda a 200 municipios. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre