Inicio Galicia Fabiola García aposta pola convivencia interxeracional para acadar unha sociedade cohesionada e...

Fabiola García aposta pola convivencia interxeracional para acadar unha sociedade cohesionada e unida

0

A conselleira de Política Social sinala que este centro é o modelo que o Goberno galego quere estender ao conxunto da Comunidade

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o Centro Interxeracional A Farixa, en Ourense, onde se prestan coidados a pequenos e maiores á vez que se permite a súa convivencia. Alí expresou o compromiso do Goberno galego con este tipo de iniciativas que permiten lograr unha sociedade máis cohesionada e unida.

En Galicia existen dous centros interxeracionais, un no concello de Arteixo e este de Ourense cunhas grandes instalacións. Actualmente conta con 80 prazas para centro de día e outras 82 para escola infantil.

Fabiola García incidiu en que esta fórmula representa un modelo do grande proxecto que a Xunta de Galicia desexa para o conxunto da Comunidade. Isto é, espazos que conviden á participación e onde a inocencia se mestura coa experiencia.

A conselleira sinalou que a prioridade do Executivo autonómico é coidar dos nosos maiores e pequenos pero tamén aprender de cada un deles para evolucionar nun lugar mellor. Un feito que permite camiñar cara unha sociedade exemplar onde os erros cometidos do pasado son empregados para mellorar o presente e o futuro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre