Inicio Galicia Fabiola García anima ás familias galegas a participar no programa de acollemento...

Fabiola García anima ás familias galegas a participar no programa de acollemento de menores da Xunta

0

Agradeceu os coidados, dedicación e cariño que lle prestan aos pequenos do sistema de protección de menores da Xunta e, en especial, o esforzo realizado no confinamento


A conselleira de Política Social, Fabiola García, animou ás familias galegas a participar no programa de acollemento de menores da Xunta de Galicia. Fíxoo esta mañá en Fisterra onde visitou a Begoña e Kike, unha das 730 familias acolledoras que hai en toda a comunidade e que teñen ao seu cargo a tres nenos.

Fabiola García quixo agradecerlle a esta parella, como tamén a todas as familias acolledoras de Galicia, o esforzo realizado a diario na atención, dedicación e cariño que lle prestan a estes pequenos e, en especial, durante os meses da emerxencia sanitaria provocada pola covid-19. Destacou que neste tempo ademais de ser nais e pais, asumiron o papel de profesores, amigos e tamén tiveron a difícil tarefa de xestionar a ausencia das familias biolóxicas.

A conselleira de Política Social manifestou que Galicia debe agradecer o esforzo das familias acolledoras. Por iso, trasladoulle á familia que por este esforzo nos tres meses que durou o estado de alarma, incrementouse a axuda mensual que recibían.1300 nenas e nenos en acollementoCómpre recordar que as familias acolledoras, xunto cos centros residenciais, son unha das opcións do sistema de protección de menores da Xunta de Galicia. Na actualidade hai 1300 nenas e nenos que están en acollida, sexa en familia extensa ou allea.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre