Inicio Galicia Fabiola García agradece ás entidades sociais de Galicia o seu traballo durante...

Fabiola García agradece ás entidades sociais de Galicia o seu traballo durante os momentos máis duros da pandemia da covid-19

0

Lembra que o novo protocolo específico para centros de día garante a súa apertura incluso naqueles concellos con restricións

A conselleira de Política Social, Fabiola García, agradeceu ás entidades sociais de Galicia o seu traballo durante os momentos máis duros da pandemia da covid-19 para garantir a calidade de vida das persoas con discapacidade. Fíxoo durante a súa intervención no acto en conmemoración do Día Mundial da Parálise Cerebral organizado hoxe por ASPACE en San Caetano.

A conselleira lembrou que as persoas con parálise cerebral e as súas familias tiveron que sumar novos retos durante este 2020. Neste sentido, sinalou que tanto as entidades sociais como a Administración autonómica traballaron en todo momento para manter a súa atención e coidado.

Ademais, Fabiola García lembrou que todas estas entidades contan cun novo protocolo específico para centros de día que permite a súa apertura aínda naqueles concellos con restricións. Desta maneira, a conselleira sinalou que “as entidades poden contar co Goberno galego como un fiel aliado na mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral”.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre