Inicio Galicia Fabiola García agradece a rectificación do Goberno central na distribución dos fondos...

Fabiola García agradece a rectificación do Goberno central na distribución dos fondos do 0,7% do IRPF que permitirá achegar ás entidades sociais de Galicia 17,1 M?

0
image_gallery.jpg

Galicia incrementará en 3,2 millóns a asignación con respecto ao 2019


A conselleira de Política Social, Fabiola García, agradeceu ao Goberno central a rectificación realizada na distribución dos fondos con cargo á casilla social do 0,7% do Imposto sobre as Rendas das Persoas Físicas (IRPF). Fíxoo en declaracións aos medios antes de asistir a unha nova reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais e Dependencia na que se aprobaron estes fondos que achegarán ás entidades sociais de Galicia 17,1 millóns de euros.

A conselleira lembrou que o Goberno central aumentou a asignación destinada a Galicia ao pasar dun incremento do 0,9%, o correspondente á actualización segundo o Índice de Prezos ao Consumidor (IPC), a un incremento do 22%. Unha rectificación realizada logo de atender ás alegacións presentadas pola Xunta e as entidades sociais da Comunidade.

Isto traducirase en 3,2 millóns máis de fondos con respecto á cantidade asignada o ano pasado. Fabiola García apuntou que esta cantidade irán destinada “integramente ás entidades sociais polo seu bo facer os 365 días do ano a pé de rúa atendendo ás persoas que máis o necesitan”.

Atención á dependenciaPor outra banda, nesta reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais e Dependencia, o Goberno central presentou ás Comunidades Autónomas un plan de choque para a atención á dependencia. A conselleira sinalou que esta proposta coincide coas reivindicacións da Xunta, pero lembrou que para levalas a cabo son necesarios fondos.

Neste sentido, Fabiola García reivindicou que estas medidas deben traducirse en máis financiamento por parte do Goberno central para soster este sistema, cuxo peso recae actualmente nas Comunidades Autónomas. Neste punto, apuntou que Galicia achega tres de cada catro euros destinados a dependencia, mentres o Goberno central segue sen cumprir a Lei de dependencia que o obriga a asumir o 50% da financiación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre