Inicio Galicia Extinguido un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia de...

Extinguido un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia de Montefurado

0

Segundo as últimas medicións, o lume afectou 22,34 hectáreas de monte arborado

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido ás 23,53 h. da pasada noite un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia de Montefurado.

O lume iniciárase ás 18,12 h. de onte, xoves, e afectou 22,34 hectáreas de monte arborado segundo as últimas medicións realizadas. Na súa extinción participaron 4 axentes, 10 brigadas e 6 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre