Inicio Galicia Extinguido un incendio forestal procedente de Portugal que acabou afectando provisionalmente a...

Extinguido un incendio forestal procedente de Portugal que acabou afectando provisionalmente a 0,50 hectáreas do Parque Natural do Xurés

0

O lume afectou a monte raso do concello ourensán de Muíños, na parroquia de Santiago de Requiás

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido un lume forestal que proviña de Portugal e que acabou afectando a unha superficie provisional de 0,50 hectáreas do Parque Natural do Xurés, concretamente do concello ourensán de Muíños, na parroquia de Santiago de Requiás.

O incendio comezou ás 13,39 h. e deuse por extinguido ás 17,10h. desta tarde. Segundo as últimas estimacións, as lapas afectaron en Galicia exclusivamente a monte raso. Na súa extinción traballaron 2 helicópteros, un deles con brigada; 2 axentes e 2 brigadas de terra.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre