Inicio Galicia Extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Cernado

Extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Cernado

0

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 22,83 hectáreas de monte raso

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal xa extinguido que se rexistrou hoxe no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Cernado e que, finalmente, chegou ás 22,83 hectáreas de monte raso, segundo as últimas medicións.

O lume iniciábase hoxe venres ás 13,01 h. e quedaba extinguido ás 15,44 h. Na súa extinción traballaron 2 axentes, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre