Inicio Galicia Extinguido o último dos incendios no concello ourensán de Vilariño de Conso...

Extinguido o último dos incendios no concello ourensán de Vilariño de Conso que afectaba o Parque Natural do Invernadoiro

0

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 99,16 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio que permanecía controlado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, dentro do parque natural do Invernadoiro. O lume comezou ás 16,10 h. da tarde do mércores 22 e quedou completamente extinguido hoxe ás 21,27 h. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 99,16 hectáreas, 70,16 de monte raso e outras 29 de arborado. Neste incendio traballaron 4 técnicos, 29 axentes, 79 brigadas, 33 motobombas, 5 pas, 16 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre