Inicio Galicia Extinguido o incendio rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira,...

Extinguido o incendio rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que tamén afecta o veciño municipio ourensán de Cortegada, parroquia de Rabiño

0

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 36,4 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido ás 14,12 h. desta tarde o lume rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que tamén afecta o veciño municipio ourensán de Cortegada, parroquia de Rabiño.

O incendio orixinouse ás 15,55 h. do sábado e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 36,4 hectáreas: 28,3 ha en Crecente (27 arboradas e o resto rasas) e 8,1 hectáreas arboradas en Cortegada. Para o seu control mobilizáronse un total 2 técnicos, 18 axentes, 57 brigadas, 29 motobombas, 3 pas, 7 avións e 7 helicópteros. Por mor do fume, chegouse a cortar a vía ferroviaria entre Vigo e Ourense o pasado sábado pero a circulación quedou restablecida ás poucas horas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre