Inicio Galicia Extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Lobios que afectaba o...

Extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Lobios que afectaba o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

0

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 0,10 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido ás 14,30 h. desta tarde o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín.

O lume orixinouse ás 12,10 h. deste mediodía e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 0,10 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, 0,09 delas arboradas e o resto rasas. Para o seu control mobilizáronse en total 1 axente, 3 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre