Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de...

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín

0

A superficie afectada foi de 425 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado o pasado sábado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, e despois de entrar dende Portugal, quedou extinguido ás 11,58 h. desta mañá.

Tras as correspondentes medicións, a superficie afectada foi de 425 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Na extinción deste incendio participaron 1 técnico, 22 axentes, 55 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 9 avións e 11 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Foi neste lume onde se accidentou un hidroavión do operativo de extinción portugués, no que faleceu unha persoa e outra resultou ferida.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre