Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Muras, parroquia do...

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Muras, parroquia do Burgo

0

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 83 hectáreas de monte raso 

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello lugués de Muras, parroquia do Burgo, quedou extinguido.

O lume comezou o pasado domingo ás 20,35 h. e quedou finalmente extinguido ás 19,57 h. desta tarde. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 83 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron 7 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre