Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de...

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos

0

As últimas estimacións indican que afectou unha superficie de 19,6 hectáreas, a maioría de monte raso

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume rexistrado no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos, tras comezar onte ás 20,01 horas da tarde.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 19,6 hectáreas, das cales 18 son de monte raso e 1,6 de arborado. Na súa extinción mobilizáronse 4 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre