Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Boiro, parroquia de...

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Boiro, parroquia de Cures

0

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 60 hectáreas de monte raso

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Boiro, parroquia de Cures, tras comezar ás 00,12 h. desta madrugada.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 60 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron un total de 12 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre