Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Laza, parroquia de Camba

Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Laza, parroquia de Camba

0

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 30 hectáreas de monte raso

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello ourensán de Laza, parroquia de Camba, está extinguido.

O incendio comezou este mediodía ás 13,25 h. e quedou extinguido ás 19,25 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 30 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron 5 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas, 3 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre