Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi

0

Segundo as últimas estimacións, afectou 45 hectáreas de monte raso

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi, quedou extinguido ás 11,10 h. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 45 hectáreas, todas elas de monte raso.

Este incendio comezou ás 16,17 h. de onte e na súa extinción traballaron un total de 6 axentes, 8 brigadas e 2 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre