Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas

0

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 105 hectáreas: 80 rasas e 25 arboradas

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido ás 22,10 h. desta noite o lume rexistrado no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas.

O incendio iniciárase na madrugada de luns e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 105 hectáreas: 80 rasas e 25 arboradas. Para a extinción do lume mobilizáronse en total 1 técnico, 17 axentes, 39 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 6 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre