Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia de San...

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia de San Pedro da Torre

0

As últimas medicións indican que afectou unha superficie de 225 hectáreas, das cales 180 foron de monte raso e as 45 restantes de arborado

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello ourensán de Padrenda, parroquia de San Pedro da Torre, quedou extinguido ás 20,31 h. de hoxe.

O incendio entrou por Portugal ás 06,55 h. desta mañá e afectou, segundo as últimas medicións, unha superficie de 225 hectáreas, das que 180 corresponden a monte raso e as 45 restantes a arborado. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 7 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre