Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias

0

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 25,64 hectáreas, das cales 20 corresponden a monte arborado e as 5,64 restantes a raso

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias, quedou extinguido ás 19,15 h de hoxe.

Segundo as últimas estimacións, o lume, que se iniciaba ás 15,47 h de onte, afectou unha superficie de 25,64 hectáreas, das cales 20 corresponden a monte arborado e as 5,64 restantes a raso. Para a súa extinción mobilizáronse en total 1 técnico, 9 axentes, 19 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 3 avións e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre