Inicio Galicia Extinguido o incendio de Dodro-Rianxo, que afectou 1.162 hectáreas segundo as últimas...

Extinguido o incendio de Dodro-Rianxo, que afectou 1.162 hectáreas segundo as últimas estimacións

0

Da superficie total, 1.092 hectáreas corresponden a monte arborado e as 70 restantes a raso

A Consellería do Medio Rural informa de que ás 12,00 h. deste mediodía quedou extinguido o incendio que afectou os concellos coruñeses de Dodro e Rianxo. Este lume comezou o pasado luns ás 20,09 h. na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 1.162 hectáreas, das que 1.092 son de monte arborado e as 70 restantes de raso.

Para extinguir este lume mobilizáronse 2 técnicos, 47 axentes, 46 brigadas, 31 motobombas, 5 pas, 7 helicópteros, 5 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre