Inicio Galicia Ethel Vázquez traslada á Comisión Europea proxectos para acadar a transformación dixital...

Ethel Vázquez traslada á Comisión Europea proxectos para acadar a transformación dixital no transporte e ofrecer servizos máis atractivos, eficientes e útiles aos cidadáns

0
image_gallery.jpg

Vázquez Mourelle destacou a oportunidade dos fondos europeos para dixitalizar o transporte e mellorar a información aos usuarios, ofrecendo datos en tempo real e información de onde se atopa en cada momento o autobús ou da oferta dispoñible


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, traslada á Comisión Europea proxectos para acadar a transformación dixital no transporte e ofrecer servizos máis atractivos, eficientes e útiles aos cidadáns, coa mellora dos servizos de información ao usuario ou co transporte a demanda de nova xeración.

Vázquez Mourelle mantivo hoxe un encontro co director xeral adxunto da Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, Normunds Popens, para seguir afondando nas prioridades de Galicia de cara ao reparto de financiamento do vindeiro programa operativo Feder 21/27 e no fondo de reconstrución Next Generation UE, creado como consecuencia da covid-19.

No encontro, organizado coa colaboración da Fundación Galicia Europa, tamén participaron o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, o secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Joaquín Macho, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.

A xuntanza dálle continuidade á mantida onte coa directora de calidade de vida da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, Verónica Manfredi, na que se comunicaron as prioridades de Galicia en materia de augas.

Na reunión de hoxe avaliouse o eido do transporte público, onde a Xunta vén realizando un importante esforzo para que os galegos teñan un sistema máis eficiente, verde e sostible, tanto desde o punto de vista ambiental como económico. As características diferenciais da Galicia, tradúcense na necesidade de dotar servizos de transporte público cunha gran capilaridade que supoñen un importante volume de achegas por parte da Xunta.

A responsable de Infraestruturas subliñou que na vindeira década o Goberno galego mobilizará 730 millóns de euros para garantir a mobilidade dos cidadáns, fundamentalmente do rural, ao introducir novas modalidades como o transporte compartido ou a demanda.

Neste sentido, expuxo iniciativas para que Galicia poida acceder a fondos comunitarios de cara a impulsar unha mobilidade sustentable e dixitalizada, en liña co Pacto verde europeo.

Fixo fincapé na necesidade de proxectos de futuro para mellorar a información dos servizos de transporte, ofrecendo datos en tempo real con información de onde se atopa en cada momento o autobús ou da oferta de servizos dispoñible.

Tamén destacou a oportunidade da transformación dixital no transporte para poder ofrecerlle aos galegos servizos a demanda de nova xeración, pois ata agora requiren de reserva previa. Trátase de dotar, no marco do Plan de Transporte Público da Xunta, servizos baixo demanda máis flexibles, nos que tanto as rutas como os horarios poidan ser configurables en tempo real a partir das demandas concretas dos usuarios.

Infraestruturas sostibles e segurasA conselleira tamén abordou cos representantes da Comisión Europea proxectos futuros que poden optar a financiamento comunitario encamiñados a seguir avanzando en infraestruturas viarias máis sostibles, adaptadas ao cambio climático e seguras, en liña coa estratexia de crecemento verde de Europa.

Puxo como exemplo actuacións preventivas xa en marcha grazas aos Programas de inspeccións en obras de paso, noiros e muros que permiten reforzar a seguridade viaria nas estradas autonómicas fronte aos eventos meteorolóxicos máis extremos, actuacións nas estradas autonómicas encamiñadas a un mellor comportamento fronte aos efectos do cambio climático.

Ademais, destacou a importancia de proxectos como a estratexia para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes ou as “estradas 2+1”, que melloran a mobilidade e favorecen a competitividade, pero supoñen moito menor impacto sobre o territorio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre