Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta que Santiago contará nos primeiros días do 2020 coa...

Ethel Vázquez salienta que Santiago contará nos primeiros días do 2020 coa primeira estación intermodal de Galicia preparada para a chegada do AVE e a celebración do Xacobeo

0

Vázquez Mourelle sinala o liderado da Xunta no impulso da intermodalidade nas principais cidades galegas, onde o ambicioso proxecto en Santiago sitúa a nova terminal no corazón da cidade e cun edificio como seu novo miradoiro sobre o Sar


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, amosou hoxe os avances nos traballos da estación de autobuses integrada na intermodal de Santiago de Compostela, que tal e como subliñou permitirá contar nos primeiros días do 2020 coa primeira estación intermodal de Galicia, deixando preparada a capital de Galicia para a chegada do AVE e os miles de visitantes que espera Galicia coa celebración do Xacobeo 2021.

Vázquez Mourelle sinalou que a Xunta está a liderar e a impulsar a intermodalidade, traballando de forma decidida para que as principais cidades galegas conten con estacións modernas e adaptadas á alta velocidade ferroviaria coas liñas regulares de autobús.

No caso de Santiago, lembrou que se trata dun ambicioso do proxecto, na súa estética e nas súas dimensións, coa construción dun edificio de 2 andares, cun total de 36 dársenas, e nunha superficie que supera os 13.000 m2, e que deixa ademais preparado o terreo para executar, en caso de necesidade, un aparcadoiro e unha área de servizo para os vehículos.

Destacou a aposta da Xunta por situar a nova estación de autobuses no corazón da cidade e ao carón da estación de Renfe, da man do administrador ferroviario ADIF e do Concello, deseñando tamén o edificio como un novo miradoiro, un balcón sobre o Sar. Complementando esta actuación coa execución da pasarela peonil cuberta que unirá esta terminal coa de ferrocarril, e que servirá de conexión entre a rúa do Hórreo e a avenida de Clara Campoamor.

Deste xeito, apuntou a como a nova estación intermodal facilitará a permeabilidade entre os barrios do Ensanche e Pontepedriña, artellando ademais unha nova trama urbana e unha maior ordenación viaria nesta contorna. E neste sentido, Ethel Vázquez expresou a súa confianza en que o Concello de Santiago axilice as súas actuacións o máximo posible para que os accesos estean listos en canto a estación de autobuses estea rematada.

Na visita da Conselleira ás obras, explicáronse polo miúdo as actuacións iniciadas o pasado mes de xullo e que fan posible que, a día de hoxe, as máquinas estean a pleno rendemento. Concretou que, ata este momento, se executaron as labores de roza da parcela, a demolición das naves de Koipe, e case a totalidade do muro de contención que separa esta parcela coa zona da estación de ferrocarril.

Tamén dixo que se está a rematar a escavación para deixar esta parcela á cota de asentamento do futuro edificio, rasante coa avenida Clara Campoamor, que está previsto rematar ao longo deste mes de xaneiro para iniciar, despois, a cimentación.

Incidiu así en como a nova terminal, que centralizará nun único punto o autobús, o ferrocarril, o taxi e a liña lanzadeira ao aeroporto, permitirá ademais cun investimento da Xunta de Galicia de 12 M€ facer cidade e converter esta zona da cidade nun punto de encontro máis humano e nunha gran oportunidade para facilitar e potenciar o uso do transporte público, mellorar a calidade de vida dos cidadáns e reforzar a competitividade de Santiago como destino de referencia para Galicia.

E neste sentido, remarcou o salto cualitativo que suporá este proxecto estratéxico nos niveis de emprego do transporte público en Santiago e na súa área, ao facilitar un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte. Tamén salientou a enorme relevancia de esta infraestrutura no proceso de construción da cidade, cun papel clave na vertebración e na cohesión entre os barrios de Santiago.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre