Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta que os enxeñeiros deben buscar a funcionalidade e a...

Ethel Vázquez salienta que os enxeñeiros deben buscar a funcionalidade e a eficiencia nos proxectos e manter o esforzo e o compromiso por mellorar a calidade de vida dos cidadáns

0

Vázquez Mourelle subliña que os enxeñeiros constrúen pontes e estradas, pero tamén traballan polo medio ambiente, a saúde, a ordenación do territorio, o saneamento das rías ou a rexeneración dos montes

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salienta que os enxeñeiros deben buscar a funcionalidade e eficiencia nos proxectos e manter o compromiso para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Así llelo trasladou hoxe aos novos titulados da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña na celebración do acto académico de entrega de diplomas.

Vázquez Mourelle tamén lle sumou a estes principios básicos a utilización do enxeño para resolver os problemas e acadar a mellor solución.

Subliñou que os enxeñeiros constrúen pontes e estradas, pero tamén traballan polo medio ambiente, a saúde, a ordenación do territorio, o saneamento das rías, a seguridade viaria e ferroviaria, ou a rexeneración dos montes.

Fixo fincapé en que esta profesión tamén traballa para as persoas ao incrementar o benestar e a calidade de vida dos cidadáns e vertebrar o territorio.

Neste sentido, indicou que os enxeñeiros constrúen pontes que unen lugares doutro xeito afastados; estradas, que favorecen a mobilidade e o día a día das persoas; ou portos desde os que Galicia chega ata o último recuncho do mundo.

Engadiu a construción de canalizacións e plantas de tratamento de auga que dan calidade de vida aos veciños, melloran o medio ambiente e favorecen actividades estratéxicas para a economía, como a pesca, a acuicultura, o marisqueo ou o turismo.

A conselleira puxo en valor o papel da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros á hora de formar profesionais que poñen a Galicia na vangarda europea e mundial. Lembrou que este centro ten acadado o selo internacional de calidade Eur-ace nos grados de tecnoloxía da enxeñería civil e en obras públicas, sendo o primeiro da comunidade en conseguir esta acreditación.

Trasladoulle os seus parabéns a todos os alumnos que veñen de rematar a súa formación e animounos a empregar o seu talento e as súas ideas en favor do progreso da sociedade, a través dunha frase de Miguel de Cervantes: “Non ames o que es, senón o que podes chegar a ser”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre