Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta que o Plan de Transporte Público incorporará unhas tarifas...

Ethel Vázquez salienta que o Plan de Transporte Público incorporará unhas tarifas homoxéneas en toda a comunidade e a gratuidade do autobús interurbano para os menores de 19 anos

0

Vázquez Mourelle explica que de cara a garantir un acceso igualitario ao transporte, calcularanse os prezos en función da distancia máis curta ente orixe e destino, sen ter en conta o percorrido en autobús nin os transbordos


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu hoxe no Parlamento de Galicia, onde subliñou que o novo Plan de transporte público de Galicia incorporará unhas tarifas homoxéneas en toda a comunidade e a gratuidade do autobús interurbano para os menores de 19 anos.

Vázquez Mourelle explicou que de cara a garantir un acceso igualitario ao transporte, calcularanse os prezos en función da distancia máis curta ente orixe e destino, sen ter en conta o percorrido en autobús nin os transbordos.

Salientou a progresiva extensión a toda Galicia das vantaxes que xa están dispoñibles nas áreas de transporte metropolitano e engadiu que se prevé levar o uso da Tarxeta Xente Nova a todos os autobuses interurbanos.

Fixo fincapé en que o novo plan suporá unha gran transformación da mobilidade dos galegos, con servizos útiles e eficientes agora e no futuro, máis sostible e viable, desde o punto de vista ambiental e económico, e máis atractivo e accesible para todos, especialmente para os veciños do rural.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

A 2ª fase do plan, que se implantará no horizonte do 2019, culminará un proceso de modernización que botou a andar en agosto de 2017, cunha 1ª fase que 16 meses despois deixa un balance positivo. Así, os datos do transporte compartido, empregado por máis de 200.000 usuarios xerais e dos servizos a demanda, con 3.000 peticións, determinan a extensión o próximo ano destas novas modalidades.

Esta transformación será complementada coa implantación de novas tecnoloxías da información, para facilitar o uso do transporte público e tamén con vehículos máis eficientes, pensando en adaptarse ás novas necesidades e esixencias ambientais derivadas do cambio climático.

Traballo de campo exhaustivoPara acadar estes fitos, a Xunta está a traballar na 2ª fase do Plan, que terá un alcance de máis de 1.500 liñas, 30.000 parada e 100.000 horarios. Dada a magnitude, o Goberno galego vén acometendo un exhaustivo traballo de campo para analizar as necesidades de transporte e definir a mellor forma de atendelas.

A Xunta contou coa colaboración dos concellos e realizáronse miles de enquisas entre os usuarios en paradas e autobús, estacións e centros de atracción de demanda, como polígonos industriais, centros administrativos, ou campus universitarios.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

Estas enquisas a preto de 25.000 cidadáns para coñecer as súas necesidades de transporte reflicten que preto do 80% dos concellos se mostran a favor do transporte compartido e case o 60% do transporte a demanda ou que 3 de cada 4 usuarios ven positivos estas modalidades.

Ethel Vázquez indicou que en aras de facilitar a necesaria coordinación de todos os servizos de transporte as liñas organizaranse en 4 niveis: autonómicas, intercomarcais, comarcais e, xa a escala máis pequena, liñas municipais.

Manifestou que por iso é tan importante que os concellos de Ferrol e Pontevedra, que non teñen aínda implantado o transporte urbano ao que están obrigados, aproveiten este momento, de planificación para incrementar servizos aos cidadáns.


- Te recomendamos -