Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta o investimento de preto de 2 millóns de euros...

Ethel Vázquez salienta o investimento de preto de 2 millóns de euros na optimización do sistema de depuración da rede de saneamento de Boiro, nunha actuación sostible, eficiente e integrada no territorio

0

Vázquez Mourelle subliña a singularidade desta intervención de referencia en Galicia, sendo a primeira na que se aplican técnicas de drenaxe urbano sostible que aproveitan e poñen en valor todo o espazo da contorna


A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe o investimento de preto de 2 millóns de euros na optimización do sistema de depuración da rede de saneamento do Concello de Boiro, grazas a unha intervención sostible eficiente e integrada no territorio. Esta actuación, tal é como subliñou “é moi singular e de referencia en Galicia, e a primeira na que se aplican técnicas de drenaxe urbano sostible, e polo tanto sistemas sostibles e eficientes para aproveitar é por en valor todo o espazo da contorna”.

No primeiro acto público de Vázquez Mourelle, no que retoma novamente as competencias en materia de auga, a conselleira quixo supervisar hoxe en Boiro o remate das obras de mellora do colector do río Breiro, a eliminación de pluviais e a implantación de tratamentos de drenaxe urbano sostible. Intervención, remarcou, que se amosa como un bo exemplo “de encaixe perfecto da integración paisaxística da obra, creando unha nova zona verde, chea de vida para uso e desfrute dos cidadáns”.

Explicou que esta actuación de mellora do colector no río Breiro, para reducir as augas pluviais que van a ese colector, vén a dar solución a certas disfuncións que presentaba a rede de recollida de augas fecais e pluviais no núcleo urbano, polo que optouse por separar as dúas redes, para que as augas da chuvia xeradas na parte alta do núcleo de Boiro desemboquen directamente no río, tras pasar por un tratamento nos dous estanques que acollen as dúas lagoas artificiais que se ven na entorna.

Para conseguir isto, seguiu dicindo, renovouse o colector do río Breiro, que é o que transporta as augas fecais e parte das pluviais xeradas no caso urbano co colector do paseo existente no paseo marítimo. Executáronse tamén novos colectores de augas pluviais, que reciben as augas xeradas na parte alta do núcleo urbano de Boiro para conducilas ata os dous estanques. E se fixeron actuacións complementarias no leito do río, traballos de limpeza e a ampliación do paso das augas baixo a estrada, para paliar o problema das inundacións.

Nesta intervención, tal e como salientou Vázquez Mourelle, aproveitouse ademais, para integrar na paisaxe de Boiro toda esta infraestrutura de saneamento, mellorando a contorna e creando o espazo verde para o uso dos veciños e visitantes.

Este espazo, referiu, está dotado con mobiliario urbano, cunha senda peonil ata a praia de Barraña, de preto de 1 km e chea de árbores. E, aquí, puxo novamente o acento na singularidade desta intervención que supón en realidade dúas actuacións nunha, ao integrar a mellora do saneamento na mellora da contorno urbano.

Esta actuación se enmarca dentro dun proxecto máis ambicioso, o Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa iniciado no 2009 pola Xunta e que están a mellorar o saneamento local e a calidade das augas da ría, e que en Boiro supón xa un investimento de preto de 6 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre