Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta a necesidade de implicación das deputacións provinciais no apoio...

Ethel Vázquez salienta a necesidade de implicación das deputacións provinciais no apoio aos concellos para a prestación das súas competencias na xestión dos servizos de auga

0

A conselleira aborda cos empresarios da construción a evolución da obra pública na Comunidade, onde os datos da entidade reflicten unha baixada moi acusada das licitacións do Estado


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa nova directiva e representantes da Federación Galega da Construción, na que salientou a necesidade de implicación das deputacións provinciais no apoio aos concellos no exercicio das súas competencias na xestión dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración.

No encontro, celebrado a instancias da propia organización, mostraron o seu interese polo funcionamento e polos obxectivos da creación da sociedade para a xestión do ciclo integral da auga en Galicia, cuxo anteproxecto de Lei inicia a súa tramitación tralo acordo de onte no Consello da Xunta.

Unha nova sociedade, destacou a conselleira, impulsada pola Xunta co obxectivo de apoiar aos concellos na adecuada xestión dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración, que son da súa competencia, e para abaratar os custos asociados á súa prestación.

Vázquez Mourelle explicoulles que será unha empresa pública semellante á que no seu día se puxo en marcha para o tratamento de residuos, participada maioritariamente pola Xunta e á cal que se poderán adherir de forma voluntaria os concellos coa necesaria implicación da deputación provincial correspondente.

Sinalou que coa creación desta nova sociedade o que se pretende desde a Xunta é ofrecer unha solución conxunta ao problema que teñen os concellos para afrontar as súas responsabilidades directas de xestión da auga. unha tarefa na que incidiu, deben implicarse e encontrarse todas as Administracións.

E neste sentido, a conselleira incidiu que desde a Xunta se agarda corresponsabilidade dos organismos provinciais, xa que é esencial para axudar aos concellos no exercicio das súas competencias municipais na xestión do ciclo integral da auga. No encontro de hoxe, tamén se intercambiaron impresións sobre o futuro deste sector, que a conselleira cualificou como clave na economía galega pola súa capacidade de xerar actividade e emprego.

Aquí referíronse aos datos do último informe elaborado pola propia Federación Galega da Construción, correspondentes aos meses de xaneiro a agosto, e que reflicten unha contracción na licitación de obra pública, cunha baixada moi acusada das licitacións da administración xeral do Estado en Galicia.

Un descenso que o propio sector atribúe, na súa meirande parte, ás circunstancias políticas excepcionais que se están a vivir, cunha interinidade no Goberno do Estado, que non está a axudar á execución orzamentaria nin á dinamización da contratación de obra pública.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre