Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta a mellora da seguridade viaria conseguida no cruce do...

Ethel Vázquez salienta a mellora da seguridade viaria conseguida no cruce do Empalme, en Curtis, coa posta en servizo da nova glorieta e un investimento de 230.000 euros

0

Vázquez Mourelle explica que a rotonda permite os xiros en condicións máis seguras e de maior visibilidade

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou hoxe a rotonda executada no cruce do Empalme, na estrada AC-840, en Curtis, que reforza a seguridade viaria nesta contorna, tras o investimento de máis de 230.000 euros.

Trátase da reforma dunha intersección onde conflúen ambas estradas coa outra vía autonómica que leva a Montesalgueiro (AC-230) e onde era necesaria esta actuación, xa que este punto contaba con visibilidade reducida debido a un cambio de rasante próximo.

Vázquez Mourelle explicou que a rotonda mellora a seguridade nesta contorna ao permitir os xiros en condicións máis seguras e de maior visibilidade. Engadiu que tamén se rehabilitou o firme nos accesos á glorieta e se dotou de beirarrúas a zona.

Fixo fincapé en que aínda que esta actuación pode parecer menor, é moi beneficiosa para dotar de maior seguridade aos usuarios destas tres estradas, que contan cun tráfico local elevado ao ser moi utilizadas polos veciños deste concello pero tamén dos arredores.

Lembrou que esta infraestrutura se suma á senda peonil que xa está a disposición dos veciños desde o pasado verán, sumando un investimento total duns 700.000 euros.

A senda, de 1,7 km, transcorre pola marxe dereita da estrada e conecta o Alto da Espeniña coa citada intersección. Neste sentido, dótase a zona, na que se concentran vivendas, servizos e equipamentos, dunha infraestrutura segura, sustentable e integrada na paisaxe, para o tránsito a pé.

O itinerario executado permite completar un percorrido peonil que chega a Oza- Cesuras e a Vilasantar.

Tamén se acondicionou a intersección coa estrada que vai ao cemiterio e se executaron dous muros de contención, que eran necesarios.

A responsable de Infraestruturas subliñou que a Xunta continúa apostando por unha mobilidade sostible e segura, que incida positivamente na calidade de vida dos cidadáns. Así, avanzou a licitación a finais de ano dun proxecto de mellora de firme nesta mesma vía e da AC-231 ao seu paso polo municipio, cun investimento que chegará aos 238.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre