Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta a incidencia positiva na mobilidade dos veciños de Oleiros...

Ethel Vázquez salienta a incidencia positiva na mobilidade dos veciños de Oleiros do itinerario peonil e ciclista continuo entre Montrove, As Pedreiras e O Carballo, cun investimento de 800.000 euros

0

Vázquez Mourelle indica que esta senda xa posibilita os desprazamentos máis cómodos e seguros entre as urbanizacións da zona e dan servizo á residencia de anciáns, centro de ensino e ao centro ocupacional

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe a incidencia positiva na mobilidade dos veciños de Oleiros que supón o itinerario peonil e ciclista continuo, que comunica Montrove coas Pedreiras e O Carballo, e no que a Xunta investiu preto de 800.000 euros.

Vázquez Mourelle, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou hoxe esta actuación que xa favorece a mobilidade dos veciños desta zona, e lles permite así realizar os seus percorridos habituais dun xeito máis cómodo e seguro.

Lembrou que esta intervención consistiu na execución dunha senda peonil pola marxe esquerda da estrada AC-174, ao longo de máis de 1 km, no que se aproveitaron as beirarrúas xa existentes nalgún dos treitos neste itinerario Montrove- As Pedreiras. Intervención que, engadiu, ten continuidade na estrada AC-190, cun itinerario duns 500 metros de lonxitude cara á zona das Pedreiras e ata O Carballo.

Leer más:  SUS-Santiago fija "posición de ciudad" para pedir la intervención del Gobierno y ampliar el uso residencial de Peleteiro

Explicou que a execución desta senda se fixo respectando todas as árbores para manter a identidade da zona e, aínda que neste momento restan pequenos detalles para ter completamente rematada a obra –retranqueos dos postes de Fenosa e pintado de pasos de peóns- , a mesma xa está a disposición dos veciños de Oleiros, que xa están a utilizar este itinerario peonil e ciclista continuo entre Montrove-As Pedreiras-O Carballo.

Con esta senda, sinalou, se fai posible completar un itinerario peonil que achega as urbanizacións da zona, da servizo á residencia de anciáns, ao centro ocupacional e centro de ensino. Itinerario peonil que ten un ancho aproximado de 2 metros e separador vexetal.

Indicou que esta importante actuación se enmarca no Plan de Sendas de Galicia, co obxectivo de incidir positivamente no reforzo da seguridade viaria e na mellora da accesibilidade. Trátase de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe que se poñen á disposición dos veciños para que os seus desprazamentos cotiáns, a pé ou en bici, sexan máis seguros, e que, avanzou, terán continuidade aquí na comarca da Coruña con outras actuacións para reforzar a seguridade nas infraestruturas viarias de titularidade autonómica.

Leer más:  David Regades vuelve a jurar como delegado de la Zona Franca de Vigo después de ocho meses en el Congreso

Vázquez Mourelle avanzou que no caso de Oleiros, o departamento que dirixe ten previsto executar unha nova senda na estrada AC-182, Mandín-As Torres. Finalmente subliñou, que na aposta e traballo por reforzar a seguridade viaria e facer estradas cada vez máis seguras, a Xunta segue a traballar na Estratexia para a eliminación de treitos de concentración de accidentes (TCAS) nas estradas autonómicas da contorna, en concreto referiuse a actuacións en Bergondo e Arteixo.

Estas intervencións do departamento de Infraestruturas da Xunta se están a desenvolver no marco do Plan de Sendas de Galicia na comarca, que recolle actuacións en 9 sendas, 7 km de obras e un investimento de arredor de 5 M€. Estas actuacións son cofinanciadas con fondos europeos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.


- Te recomendamos -