Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta a importancia da Enxeñería de Camiños para impulsar infraestruturas...

Ethel Vázquez salienta a importancia da Enxeñería de Camiños para impulsar infraestruturas eficientes e funcionais que melloran o benestar dos cidadáns e a competitividade económica

0

Vázquez Mourelle pon en valor a traxectoria dos enxeñeiros galardoados este ano coa ‘Medalla ao mérito colexial de Galicia’, que son Santiago Hernández Ibáñez, Ricardo Babío e Miguel Fernández Solís


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asistiu hoxe á entrega de medallas ao mérito colexial, organizado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, onde salientou que esta profesión planifica e constrúe infraestruturas eficientes e funcionais para mellorar o benestar dos cidadáns e a competitividade económica.

Vázquez Mourelle cualificou de satisfactorio o recoñecemento da traxectoria de enxeñeiros como os galardoados este ano coa ‘Medalla ao mérito colexial de Galicia’, que son Santiago Hernández Ibáñez, Ricardo Babío e Miguel Fernández Solís.

Tamén destacou a labor dos profesionais que compren 25 anos no sector e deu a benvida aos novos colexiados, xa que ambos comparten unha profesión que traballa polas persoas, para mellorar as súas oportunidades, e polo progreso económico.

Indicou que, na súa experiencia, as bases da profesión son buscar a funcionalidade e a eficiencia, o esforzo para acadar os obxectivos e o enxeño para resolver os problemas.

Puxo en valor aos enxeñeiros de camiños, que puntualizou que traballan no medio ambiente, na ordenación do territorio, na aeronáutica, no mar, no eido da saúde ou mesmo da I+D co fin de construír benestar.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre