Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta a importancia da educación e sensibilización na seguridade viaria...

Ethel Vázquez salienta a importancia da educación e sensibilización na seguridade viaria e na redución de accidentes en colectivos tan vulnerables como o dos motoristas

0

Vázquez Mourelle explica que a sesión de hoxe correspóndese coa 1ª edición dos cursos de condución segura a impartir este ano, no que participarán 160 persoas para mellorar a súa técnica de manexo da moto e reforzar a súa seguridade viaria

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe a clara aposta da Xunta de Galicia pola educación e pola sensibilización que inciden nunha maior seguridade viaria e contribúe a reducir o risco de accidentes dun colectivo vulnerable, como é o dos motoristas.

Vázquez Mourelle, acompañada polo presidente da asociación Mutua Motera, Juan Manuel Reyes, asistiu esta mañá en Santiago de Compostela á primeiro dos cursos gratuítos de condución segura que a Xunta organiza por terceiro ano consecutivo coa colaboración de Pons Seguridade Vial e Mutua Motera, e que imparten técnicos da Escola Nacional de Condución de Motocicletas.

Explicou que a xornada de hoxe correspóndese coa 1ª edición dos cursos que se celebrarán ao longo do ano, e no que participarán 160 motoristas, que con esta formación poderán mellorar a súa técnica de condución de moto e reforzar a súa seguridade viaria.

Sinalou que nesta actividade gratuíta de formación, na que os participantes só teñen que traer a súa moto e o equipo regulamentario, se pon a proba a súa capacidade de análise, a súa anticipación ao risco e a súa reacción ante situacións de perigo. Todo, incidiu, para que os participantes perfeccionen o manexo da moto e desenvolvan habilidades de condución preventiva.

Na xornada de hoxe están a participar 20 persoas, mesmo número de asistentes que participarán esta tarde na segunda quenda da xornada. Mañá están programadas estas actividades en Lalín, e a próxima fin de semana en Vigo e en Monforte de Lemos.

A conselleira destacou a gran acollida entre o colectivo de moteros destas actividades de formación desde o seu lanzamento no ano 2017, esgotándose sempre en cuestión de horas as 160 prazas que se ofertan en cada edición.

De aí, engadiu, a aposta da Xunta de Galicia por dar continuidade a estes cursos de condución segura de motocicletas, con 2 edicións para este ano e outra para o ano 2020, xa programadas, e sendo conscientes de que se trata dunha formación que continuará máis alá destas datas, subliñou.

Deste xeito, neste 2019 repetirase a formación no mes de setembro en outras 4 cidades da xeografía galega que, nun principio, repetiranse en Santiago e Vigo, e voltarán a Ferrol e Vilagarcía, como xa sucedeu o pasado ano.

En total as actividades formativas previstas ata o vindeiro ano 2020, permitirán en total ofrecer formación a 800 persoas, que haberán participando en 20 cursos, repartidos en 5 edicións.

Esta iniciativa forma parte das medidas recollidas no plan de seguridade viaria 2016-2020, da Xunta, que pon especial énfase na protección dos usuarios considerados máis vulnerables, e xorde da colaboración permanente coas asociacións de motociclistas de cara á adopción de medidas para evitar accidentes e reducir as súas consecuencias. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre