Inicio Galicia Ethel Vázquez informa dos trámites para que a concesionaria dote a ponte...

Ethel Vázquez informa dos trámites para que a concesionaria dote a ponte de Rande dunha iluminación ornamental que reforce a súa monumentalidade como símbolo da ría de Vigo

0

O Goberno galego solicitoulle hai meses á empresa que este fito da enxeñería brille con luz propia e ilumine Vigo e toda a ría e nos últimos días demandou coñecer o documento técnico no que se traballa

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, avanzou hoxe que o Goberno galego iniciou os trámites para que a sociedade concesionaria dote a ponte de Rande dunha iluminación ornamental que reforce a súa monumentalidade como símbolo da ría de Vigo.

O Goberno galego solicitoulle hai meses á empresa que este fito da enxeñería brille con luz propia e ilumine Vigo e toda a ría e nos últimos días demandou coñecer o documento técnico no que se traballa. Trátase de que a empresa propietaria da concesión actúe para acadar a iluminación nos piares da ponte, de máis de 100 metros de altura, nos seus máis de 150 tirantes e os seus taboleiros, voando a 45 metros sobre a ría.

Ethel Vázquez subliñou que a Xunta non só é a Administración que máis inviste en Vigo, defendendo a mellora do servizo da autoestrada, senón que tamén aposta polo papel representativo desta obra civil viguesa.

Salientou que a Xunta xa dotou de iluminación ornamental pontes da súa titularidade en Noia, Pontevedra e Ourense e defendeu para Vigo unha iluminación de tipo “flexibe” que poida adaptase á conmemoración de diferentes efemérides.

A conselleira salientou que a ponte de Rande, dende a súa construción, nos anos 70 e 80, tense convertido en moito máis que unha infraestrutura, pois é un símbolo da ría de Vigo. Esta infraestrutura atirantada foi, no momento da súa construción, a ponte máis grande do mundo na súa tipoloxía.

O Goberno central deu os pasos necesarios para iniciar as actuacións de ampliación e a Xunta sempre defendeu que o proxecto debía responder ás necesidades reais dos veciños. Así, o Goberno galego insistiu na necesidade de minimizar a afección ao tráfico durante a execución das obras e traballou para mellorar o deseño dos movementos de tráfico para que fose o máis eficiente para tódolos usuarios.

A conselleira precisou que na parte viguesa da autoestrada, a Xunta plantexou a necesidade de suavizar o impacto da infraestrutura na súa entrada á cidade converténdoa nun vial máis urbano e integrado que ofreza mellores solucións de mobilidade.

Indicou que tamén se acadou o compromiso do Ministerio de Fomento para levantar a peaxe entre Redondela e Vigo, algo no que se segue insistindo ao actual Goberno central, que semella ten menor determinación para iso.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre