Inicio Galicia Ethel Vázquez destaca que a Xunta triplicou a licitación no primeiro trimestre...

Ethel Vázquez destaca que a Xunta triplicou a licitación no primeiro trimestre do ano con respecto ao exercicio anterior, superando os 100 millóns de euros

0

Vázquez Mourelle explica que a Xunta leva varios anos de crecemento constante, chegando en 2017 a ser a Administración que máis obra contratou en Galicia, por riba do Estado, do conxunto dos concellos e das deputacións

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, interveu hoxe na xornada organizada pola Asociación galega de empresas de enxeñería, consultoría e servizos tecnolóxicos (AGEINCO), na que salientou que a Xunta triplicou a súa licitación no primeiro trimestre do ano, superando os 100 millóns de euros, do que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda representa preto do 50 % do total.

Vázquez Mourelle explicou que a Xunta leva varios anos de crecemento constante, chegando en 2017 a ser a Administración pública que máis obra contratou en Galicia, por riba do Estado, do conxunto dos concellos e das deputacións. Neste sentido, puntualizou que ademais do aumento da licitación é fundamental valorar a calidade dos proxectos, que se vai incrementar coa nova etapa que abre a Lei de contratos.

Leer más:  El Gobierno central invierte 35 millones de euros en la recuperación del patrimonio de Paradores en Galicia

Concretou que os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para 2018 permitiron unha subida notable, en concreto, un 16,5% de incremento que supón 60 M€ máis cos que se chegan aos 424 M€. Precisou a notable minoración do gasto corrente, que permite incrementar os investimentos reais, que son os que se traducen en contratos e empregos.

A titular de Infraestruturas indicou que o Goberno galego segue traballando para que no que resta de ano se poidan contratar actuacións como, no caso de Vigo, a estación intermodal, que cos seus accesos suporá un investimento de máis de 14 M€ só da Xunta de Galicia. Destacou outros proxectos como o da construción de vivendas en San Paio de Navia ou as obras na Plisan, en colaboración coa Zona Franca e a Autoridade Portuaria, para seguir co obxectivo de facilitar a pronta comercialización dos terreos.

A estas actuacións cómpre engadir os importantes investimentos que a Xunta está facendo nesta área, comezando pola Autovía do Morrazo, que é a maior actuación de seguridade viaria en moitos anos en Galicia e que se porá en servizo en poucas semanas. Tamén se están a impulsar 11 novas sendas peonís e ciclistas nos concellos da área, e os proxectos e obras que estamos preparando para eliminar os treitos de concentración de accidentes desta comarca. 

Leer más:  Rueda declara que "Galicia aspira a todo" con una advertencia: aquel que intente "romper" la unidad se encontrará "enfrente" de ella

- Te recomendamos -