Inicio Galicia Ethel Vázquez destaca que a nova senda na estrada LU-612 xa está...

Ethel Vázquez destaca que a nova senda na estrada LU-612 xa está ao servizo dos veciños de Lugo para facilitarlles desprazamentos a pé seguros e sustentables

0
image_gallery.jpg

Trátase dun itinerario peonil na saída de Lugo cara a Portomarín, entre o empalme coa antiga estrada a Santiago e Toiriz, no acceso á igrexa de Piugos


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, supervisou hoxe a nova senda na estrada LU-612, que xa está ao servizo dos veciños de Lugo para facilitarlles desprazamentos a pé seguros e sustentables.

Vázquez Mourelle subliñou que a Xunta investiu case 523.000 euros nesta actuación na saída de Lugo cara a Portomarín, concretamente entre o empalme coa antiga estrada a Santiago e Toiriz, no acceso á igrexa de Piugos.

Indicou que este itinerario, cunha lonxitude de preto de 2 quilómetros, incrementará a seguridade nesta contorna, que conta con moitas vivendas nas marxes. Ademais a estrada rexistra unha intensidade de tráfico considerable, con máis de 3.000 vehículos ao día.

Subliñou que para reforzar a funcionalidade da actuación tamén se colocaron dúas marquesiñas nas paradas de autobús, que ata o momento carecían de refuxios. Estas marquesiñas urbanas ofreceranlle aos usuarios protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e farán máis doada a espera.

Esta intervención tamén contemplou o acondicionamento da fonte de auga que existía na zona. Para isto, integrouse nunha estrutura en forma de monolito e acometeuse un acceso dotado de escaleiras para facilitar o uso dos veciños.

Ademais o proxecto abrangueu os necesarios elementos de drenaxe para a correcta evacuación das augas, así como a renovación da sinalización, tanto horizontal como vertical.

Plan de sendas de LugoEste itinerario forma parte do Plan de Sendas da comarca de Lugo, que recolle a execución de 6 sendas, incluída a desta estrada, cun investimento global de preto de 3 millóns de euros, cofinanciado con Fondos Feder 2014/2020.

A conselleira concretou que ademais deste itinerario hoxe visitado, tamén está xa en servizo outra senda no concello de Friol.

Engadiu que continúan avanzando a bo ritmo as obras da senda na LU-115, no polígono industrial da Matela, en Outeiro de Rei, que estará rematada a finais de ano. Tamén están en execución sendas en Portomarín, na estrada LU-633, e en Láncara, na LU-621.

Ademais, mentres se levan a cabo estas actuacións, a Consellería de Infraestruturas está a ultimar o proxecto para un novo itinerario no municipio de Rábade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre