Inicio Galicia Ethel Vázquez destaca o adianto a finais de ano do remate das...

Ethel Vázquez destaca o adianto a finais de ano do remate das obras de mellora na estrada AC-840, ao seu paso por Melide, cun investimento de máis de 250.000 euros

0

Vázquez Mourelle indica que o obxectivo do proxecto é minimizar os episodios de inundacións que se producen nesta zona do centro urbano que atravesa a estrada

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa de Melide, Dalia García, supervisou hoxe a obras de mellora e reposición de servizos na AC-840, que avanzan a bo ritmo polo que se adiantará a finalización a finais deste ano, tras o investimento de máis de 250.000 euros.

Vázquez Mourelle indicou que o obxectivo do proxecto é minimizar, tanto en importancia como en frecuencia, os episodios de inundacións que se producen nesta zona do centro urbano que atravesa a estrada, onde o terreo está moi baixo.

A actuación terá lugar sobre os caudais que chegan á rede de pluviais desde distintas rúas, para reducir a cantidade de auga que alcanza finalmente esta zona urbana, minimizando así a problemática derivada da topografía do terreo e da configuración actual da rede.

Atendendo á solicitude do Concello, tamén se procederá ao cegado dos pozos de rexistro de pluviais e residuais, para evitar o ruído que producen ao paso do tráfico.

A conselleira engadiu que a este reforzo da seguridade viaria e tamén contribuirá a mellora do firme prevista para vindeiras semanas nesta estrada, e que cun investimento de 60.000 euros, beneficiará aos municipios de Melide e Boimorto.

Lembrou que en xuño quedaron finalizados os traballos da travesía de Melide, na que se ampliaron beirarrúas, se fixeron melloras nos cruces e se reforzou a sinalización para facer máis visibles os pasos de peóns, incrementando así a seguridade de veciños e usuarios que transitan ou cruzan esta vía. Concretou que se está a valorar, ademais, estender esta actuación a outros pasos de peóns no vindeiro ano 2019.

Esta actuación enmárcase na estratexia para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes da Xunta para ter eliminados os 52 treitos de concentración de accidentes existentes na rede viaria autonómica nesta lexislatura.

A responsable de Infraestruturas fixo fincapé en que o Goberno galego está a investir uns 360.000 euros para manter en boas condicións a rede viaria da Xunta ao seu paso por Melide, promovendo unha contorna urbana máis segura, que redundará en maior calidade de vida para os veciños.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre